Unha NOVA ÁGORA
"A patria construese día a día, esforzo a esforzo" M. María.
O Ágora era a asemblea de cidadáns, na que nunha praza pública reflexionaban, discutían e resolvian arredor dos temas que afectaban á realidade da Polis, da cidade.
En tempos nos que estamos a padecer unha cruel asfixia democrática que afoga os direitos e liberdades conqueridas a través de diferente loitas ao longo da historia, é máis necesario ca nunca establecer foros, canles, NOVAS ÁGORAS para o debate entre persoas, para a reflexión.
Este blog, bitácora, pretende ser unha fiestra aberta ao mundo, desde a cal con humildade pretendo transmitir as miñas opinións, en positivo, aberto á pluralidade. Pretender ser tamén un marco que dote de coherencia os artigos, columnas, cartas... que de xeito desordenado teño escrito para diferentes meios de comunicación, para así articulalos nun discurso de conxunto.
A finalidade última de quen escribe, entendo a escritura como un acto comunicativo, é o de transmitir, comunicar, dar a coñecer. Este blog é a miña ferramenta para iso.
As novas tecnoloxías son un xeito eficiente, dinámico, actual e atractivo para ese obxecto. Galiza, ten que existir tamén na rede, non só cunha presenza institucional ou encorsetada senón tamén a través da presenza dos diferentes xeitos de entendela, de construila, de amala.
Animovos a participar neste espazo que tamén fago voso a través dos comentarios que poderedes insertar en cada artigo.
Agardo que cando menos as verbas de compromiso aquí presentes servan cando menos para producir un STOP no que reflexionar, para discutir, para falar, para CAMBIAR.
Unha aperta.
Xabier Pérez Igrexas.
